martes, 2 de junio de 2015

CONCURSO FIN DE CURSO DA BIBLIOTECA DO GATO COLORÍN



CONCURSO FIN DE CURSO DA BIBLIOTECA DO GATO COLORÍN
Ola familias e educadores/as, xa estamos a piques de rematar o curso e o Gato Colorín quere organizar outro concurso para o cal pide coma sempre a vosa inestimable colaboración. Estade ben atentos, que ahí van as instruccións:
Dende 4º de Educación Infantil  ata  6º de Primaria imos vestir de Bailarín a nosa estrela da Biblioteca :O Gato Colorín.
Instruccións para a elaboración e entrega dos traballos:
·         Nos traballos ten que constar o nome, apelidos e curso do/a participante.
·         Non se recollerán traballos fóra de prazo.
·         Non se admiten traballos que non sexan elaborados é decir non vale mercalos xa feitos.
·         Os materiais empregados han de ser axeitados a idade dos nenos e nenas.
·         Os traballos poden ser en 3D, non superar o tamaño folio A4.
·         A data límite de entrega será o 15 de xuño.
·         Elixirase un gañador por clase, e o día do festival entregaranse os premios.
Lembrade que se premiará a creatividade e orixinalidade dos traballos presentados
Expoñeranse tódolos traballos na entrada do cole durante a semana do 15 ó 19 de xuño. 

  Un Saúdo . O Equipo da Biblioteca.