sábado, 9 de marzo de 2024

CONTACONTOS DO ALUMNADO

 Nestas semanas algúns compañeiros e compañeiras de 5º e 6º de primaria estiveron preparando uns contacontos e visitaron algunhas das aulas de infantil e primaria para contalos. 

Ángel, de 5º, visitou as aulas de infantil para contar o conto "El Yayo es el Yayo". 




Na clase de 1º e 2º de primaria estiveron Ainhoa e Tamara co seu conto "Si yo fuese muy alto" e Yoel contando "El monstruo de colores". 







Días despois, con motivo do día Internacional da muller, os mesmos compañeiros repetiron experiencia contando o conto de "Maruxa" por parte de Yoel en 1º e 2º e "¿Las princesas usan botas de montaña?" en 3º e 4º por parte de Tamara e Ainhoa. 





Noraboa rapaces e rapazas, e grazas por facernos desfrutar destas lecturas!!!






sábado, 2 de marzo de 2024

Seguimos avanzando no proxecto de centro e...viaxando...

 Despois de viaxar por Francia e Reino Unido, continuamos viaxando co noso proxecto por España e Estados Unidos. 







Cada mes intercambiamos información entre aulas para contar os nosos descubrimentos aos compañeiros e compañeiras. 

O alumnado de 3º e 4º visitou a clase de 1º e 2º para falar do idioma e a moeda en Francia. 



Despois foron os compañeiros de 1º e 2º os que lles contaron cousas sobre o clima, a flora e a fauna deste país. 



O alumnado de Infantil 1 intercambiaron información sobre Reino Unido cos compañeiros/as de 6º de primaria. Faláronlles dos monumentos máis coñecidos e visitados.










sábado, 10 de febrero de 2024

Ainhoa e Tamara bailan unha canción da PAZ ao alumnado de Infantil

 As compañeiras de 5º de primaria, Ainhoa e Tamara, prepararon unha canción da paz, para bailala e xesticulala e agasallar con esta representación ao alumnado de Infantil. 

 Como estabamos todos no patio, alí mesmo fixeron a súa actuación, que nos gustou moito. 

Grazas rapazas!!!





Axudantes da biblioteca


 Xa levamos unhas semanas na nosa biblioteca por fin!!
Os voluntarios axudan cada día nos recreos, a que todo esté ordeado, tamén fan os préstamos de libros, confeccionan carteis....axudan a atopar bibliografía para algunhas datas importantes.....









Agora estamos crando un recanto creativo, e toca ir preparando o material.





lunes, 5 de febrero de 2024

lunes, 29 de enero de 2024

Recanto lector na entrada do colexio e biblioteca para familias

 Por fin puidemos regresar á nosa bilioteca, agora que finalizaron as obras. 

A nosa mascota, a polbo Daría, danos a benvida toda emocionada.



Ademáis, contamos cun novo punto de lectura na escola, no que está a casiña que decoramos entre todos xunto cuns cómodos sofás rústicos feitos con palés, para estar moi moi cómodos o ratiño que pasemos alí. 


Tamén contamos cunha pequena biblioteca para as familias, que iremos ampliando. Poden ler un ratiño mentres esperan aos seus fillos e tamén poden levar en préstamo o libro que lles interese. 



A


viernes, 22 de diciembre de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Lectopulpeiros e lectopulpeiras!!!  

Moi bo Nadal e moi felices vacacións!!! 

Déixovos unhas recomendacións lectoras porque seguro que tamén atopades algún momentiño para a lectura.